A infancia e os xogos na poesía de Avelino Díaz

A perspectiva do emigrante prematuro —con  memoria— a respecto do seu lugar de orixe é sempre a da nenez. Sucede isto, con frecuencia, nos versos de Avelino Díaz (1897-1971), que debeu deixar o seu lugar de nacemento, A Órrea, con só dez anos,  trasladándose coa familia a Meira. Ben poucos anos despois saíu de viaxe a primeira vez do país, ata que con 23 anos, deixou Galicia definitivamente. Este traballo pretende descubrir a pegada dos xogos tradicionais galegos, pois Galicia conta cun dos máis ricos patrimonios lúdicos da Península Ibérica, na obra do autor, e, en xeral, trata de bosquexar a visión que o Avelino-neno e o Avelino-mozo nos ofrecen da súa Terra de orixe.

Categoría: