Apelativos e significados figurados

Categoría:

Descripción

Resumo

Nesta contribución estudamos os apelativos de carácter expresivo rexistrados na obra en galego de Avelino Díaz e préstase atención a todos os aspectos semánticos e pragmáticos que interveñen na súa formación e no seu uso. Tanto os apelativos eloxiosos coma os denigrativos dan fe da capacidade expresiva da lingua que ofrece suxestivas lecturas sobre a psicoloxía e socioloxía do pobo.

Elabórase un glosario de apelativos usados ben de maneira afectiva ou cariñosa ou como insultos, ofrécense definicións aproximadas das palabras no contexto en que aparecen, documéntase o seu uso e significado figurado noutros escritores, investíganse as súas etimoloxías e sinálanse as obras lexicográficas en que xa foron previamente rexistrados xunto cos extractos que ilustran o uso poético que Avelino fixo deles. Son o vivo exemplo da creación e adaptación popular de palabras e do voluble que tamén é a semántica das linguas.