Avelino, activista

A poesía de Avelino Díaz (1897-1971), nacido en Galicia pero emigrado de neno a Bos Aires, está enmarcada por completo nas paisaxes e lembranzas da súa terra natal. Non é a súa unha emigración desexada, tampouco un exilio, pero as circunstancias deciden que sexa a capital arxentina o lugar dende onde apoie co seu labor de escritor, periodista e conferenciante os proxectos galeguistas e de autonomía dos exiliados.
A colaboración activa e desinteresada nas numerosas asociacións e proxectos culturais e políticos dos emigrados galegos dende 1927 repórtanlle alí o recoñecemento da comunidade. A exploración que aquí se propón da súa obra Debezos, principalmente os 32 poemas que compoñen a primeira parte “¡Terra a Nosa!”, levaranos a comprender o compromiso de Avelino Díaz coa causa galeguista, e a reivindicalo tamén para o pobo galego a quen canta neses poemas.

Category: Tag: