Camiñando o destino

O obxectivo desta contribución é dar conta da variedade e riqueza tematolóxica do poemario Flor de retama (1947) de Avelino Díaz, poeta galego, escritor bilingüe, emigrado a Bos Aires e case descoñecido na súa terra natal. A análise temática que se leva a cabo sobre o seu único poemario publicado en español vai unida á exploración e recoñecemento da linguaxe poética da voz lírica. Desta expresión formal, analizaranse os recursos retóricos utilizados no tratamento e construción do universo temático da obra.
A análise temática e estilística axudaranos a achegarnos a unha personalidade complexa e interesante, tanto na súa voz literaria como na súa ideoloxía: Avelino Díaz, poeta dende a emigración cara e para Galicia. No caso do poemario obxecto de estudo, Galicia está omnipresente, pero a vea combativa e reivindicativa está máis velada que no resto da súa obra.

Categoría: