Pobreza e miseria na poesía de Avelino Díaz

O concepto de pobreza na obra lírica de Avelino Díaz encóntrase estreitamente vencellado co de liberdade. Con activa conciencia, identifica a dualidade pobreza–riqueza como unha magnitude que reflicte valores espirituais. O poeta é capaz de transcender esa dualidade valorizando a conduta moral das persoas e as súas circunstancias sociais. Na súa poesía afronta e reflicte a realidade social e histórica convertendo a pobreza en virtude.

Categoría: Etiqueta: