Que din os rumorosos

O celtismo decimonónico, que anima o de principios do século XX, idealizaba o pasado celta de Galicia, e das demais rexións celtas. A resistencia dos celtas contra os romanos e a resistencia dos galegos contra os casteláns obedecen nos poemas de Avelino Díaz a unha mesma modalidade retórica. Enlaza coa tradición historicista do galeguismo e, neste sentido, a súa poesía deixa entrever a enorme influencia que as tres grandes coroas do Rexurdimento galego –Rosalía, Curros e Pondal– exerceron na linguaxe do poeta.

A hipótese desta contribución é a de que, en particular a figura de Eduardo Pondal xunto coas ideas herdadas de Manuel Murguía son as que o inspiraron para compor os seus versos nunha liña celtista ou con alusións ao celtismo histórico e cultural. Para verificala seleccionamos os poemas de Debezos (1947) que fan alusión ou que conteñen referencias ao mundo celta e analizamos o seu simbolismo de xeito que poidamos comprender mellor as intencións literarias do autor.

Category:

Description

Resumo

O celtismo decimonónico, que anima o de principios do século XX, idealizaba o pasado celta de Galicia, e das demais rexións celtas. A resistencia dos celtas contra os romanos e a resistencia dos galegos contra os casteláns obedecen nos poemas de Avelino Díaz a unha mesma modalidade retórica. Enlaza coa tradición historicista do galeguismo e, neste sentido, a súa poesía deixa entrever a enorme influencia que as tres grandes coroas do Rexurdimento galego –Rosalía, Curros e Pondal– exerceron na linguaxe do poeta.

A hipótese desta contribución é a de que, en particular a figura de Eduardo Pondal xunto coas ideas herdadas de Manuel Murguía son as que o inspiraron para compor os seus versos nunha liña celtista ou con alusións ao celtismo histórico e cultural. Para verificala seleccionamos os poemas de Debezos (1947) que fan alusión ou que conteñen referencias ao mundo celta e analizamos o seu simbolismo de xeito que poidamos comprender mellor as intencións literarias do autor