Santa, compañeira e natureza viva

Nesta contribución analizarase a presenza da muller na poesía  galega de Avelino Díaz. Mentres que Rosalía de Castro se presenta como santa e Virxinia Pereira –viúva de Castelao– como compañeira, unha variedade de tipos populares (pegureiras, campoeiras, costureiras…) aparecen como “natureza viva” e positiva fronte ás temáticas de orfandade e submisión de certo tipo de relixión que condena á beatería. Relendo os poemarios Debezos (1947) e Pallaregas (1963) de Avelino Díaz dende a perspectiva do ecofeminismo, a asociación entre a muller e a natureza non aparece como pasividade, senón como creatividade e mantemento da vida.

Categoría: