Sen noticias de Avelino Díaz

Avelino Díaz levou a cabo ao longo da súa vida en Bos Aires unha intensa actividade societaria no ámbito dos colectivos de emigrados galegos desde un galeguismo militante. Ao mesmo tempo foi un poeta prolífico que deixou tres libros publicados, numerosas letras de cancións e un número aínda sen cifrar de poemas inéditos.
Propoñémonos indagar como reflectiu a prensa editada en Galicia toda esta actividade. Escollemos o período que vai desde a súa instalación definitiva na capital arxentina ata o trixésimo aniversario da súa morte. Abránguense períodos políticos distintos de Galicia que se moveu entre dúas ditaduras e dous períodos democráticos. A investigación levámola a cabo en periódicos de distinta ideoloxía,

Category: