Traendo á casa a Avelino.

O obxectivo deste artigo é investigar o modo en que os dous xornais co maior número de lectores na provincia de Lugo (El Progreso e La Voz de Galicia) reflectiron o rescate e actualización da obra de Avelino Díaz desde o 2002 e adiantaron deste xeito o coñecemento que hoxe poden ter os galegos desta importante figura literaria e cultural da diáspora galega en Bos Aires.
A exhaustiva revisión xornalística toma como termo ad quem da pescuda o 2002, o ano seguinte ó termo ad quo da investigación de David Formoso (2018), que se corresponde coa publicación do libro de Marivel Freire sobre Avelino Díaz (2002). A análise concentrase, en primeiro lugar, en como recolleron os dous xornais o empeño colectivo por rescatar a súa voz para, posteriormente, discutir a recuperación da memoria histórica a través da súa figura e obra. O fin último é entender a imaxe que da súa figura se está formando a través das informacións xeradas principalmente como resultado do labor cultural do asociacionismo local.

Categoría: