Xustiza poética

Categoría: Etiqueta:

Descripción

Resumo

Este artigo adopta o marco teórico da “xustiza poética” de Nussbaum (1995) co propósito de explorar o caso de Avelino Díaz (1897-1971) e o poder reparador da poesía no exercicio da memoria histórica. Ningún dos libros deste poeta se publicou en Galicia nin foron nunca reeditados nin adquiridos polas bibliotecas galegas. A súa ausencia das antoloxías e historias da literatura galega pode ser explicada como efecto colateral do aparello represivo do estado franquista.

O ostracismo decretado pola censura de Franco foi implicitamente asumido por académicos e críticos galeguistas absorbidos no seu de por si problemático presente literario. Como consecuencia, Avelino Díaz é visto a día de hoxe como un poeta menor, con escasa produción, e, principalmente local. Tales figuracións non cadran co que foi a realidade porteña do autor no seu momento: a súa produción lírica foi moi notable en cantidade e estimación popular. A contribución revisa o seu tránsito poético e identifica cinco topoi para animar á súa lectura a unha nova xeración de galegos e lectores desprexuizados